Infórmase ao usuario de que, logo da descarga e instalación da aplicación e unha vez aceptados os termos e as condicións do presente documento, os seus datos persoais, que xa constan na Universidade e cuxo tratamento xa foi consentido no marco da súa relación coa Universidade, serán tratados por ela coa finalidade de xestionar a alta do usuario e mais a participación destes nos servizos que se ofrecen na aplicación dentro da “Área Universitaria”.
Como se indicou anteriormente, a “Área Universitaria” da aplicación está constituída polo conxunto de funcionalidades a través dos cales a Universidade presta servizos e comunícase cos usuarios da aplicación (esta área está constituída pola sección de novas, calendario, as funcionalidades do menú e en xeral, por todas as funcionalidades da aplicación salvo as que forman parte da “Área comercial de vantaxes”).
Para estes efectos o usuario fica informado de que a Universidade da Coruña con CIF número Q-6550005-J e domicilio na rúa da Maestranza 9, 15001 A Coruña é, para efectos do establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, a responsable do tratamento de datos dos usuarios na “Área Universitaria” da aplicación.
Para o correcto funcionamento de determinadas funcionalidades da aplicación solicítanse permisos para acceder a certos recursos propios do dispositivo. A activación dos permisos levarase a cabo a través de ventás emerxentes en que o usuario poderá consentir o acceso aos recursos do dispositivo. A desactivación destes permisos poderase realizar a través da sección de Axustes do teléfono móbil.
Estes permisos poderán variar segundo a versión de que dispoña o sistema operativo, a libraría e a personalización da aplicación (funcionalidades activadas). Algúns dos permisos solicitados poderán ser:
- Acceso á localización do dispositivo, que se pedirá para mostrar e poder utilizar a funcionalidade de mapas.
- Acceso á memoria do dispositivo, para poder anexar ou subir imaxes, documentos ou ficheiros á aplicación ou utilizar outras funcionalidades que esixan importar ficheiros desde o dispositivo.
- Acceso á cámara para poder anexar ou subir vídeos ou fotos á aplicación.
- Acceso ao calendario, se se quere mostrar o calendario persoal na aplicación e apuntar datas.
A información manexada a raíz da activación dos servizos mencionados anteriormente en ningún caso se almacena ou trata por parte de Universia ou de Banco Santander.
Os usuarios teñen recoñecidos e poderán executar os dereitos que a normativa aplicable en materia de protección de datos lles recoñece contactando coa Universidade, vía correo electrónico dirixido ao enderezo secretariaxeral@udc.gal coa indicación do nome, apelidos e número do documento nacional de identidade. Tamén poderán exercitar tales dereitos se o desexan mediante unha carta asinada acompañada da fotocopia do seu documento nacional de identidade e coa indicación do seu domicilio, remitida por correo postal ordinario á Universidade dirixida ao seguinte enderezo: Universidad de la Coruña.
Os usuarios teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitaren a rectificación dos datos inexactos, a limitación no seu tratamento ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán oporse ao tratamento dos seus datos. O responsable deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Así mesmo, os usuarios terán dereito a solicitar a portabilidade dos seus datos nos casos en que sexa tecnicamente posible.
Trataremos os seus datos persoais mentres sexan necesarios para a finalidade para a cal foron recabados.
Os titulares dos datos teñen dereito a se dirixir á Axencia Española de Protección de Datos co enderezo na rúa Jorge Juan 6, 28001, Madrid ou na súa sede electrónica www.agpd.es, especialmente cando non visen satisfeito o exercicio dos seus dereitos por parte do responsable de tratamento.
A Universidade declara que adoptou os niveis de seguranza de protección dos datos persoais legalmente requiridos, e procura instalar aqueloutros medios e medidas técnicas adicionais ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados á Universidade.
Con respecto ao contrasinal utilizado para a descarga da aplicación a Universidade declara que manterá a máis estrita confidencialidade con respecto a eles e que tomou todas as medidas de seguridade necesarias para salvagardalos.
Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en internet non son inexpugnables e que poderían producirse incidentes de seguridade que a Universidade tratará de resolver do mellor xeito posible.
De conformidade co sinalado anteriormente, infórmase aos usuarios de que a “Área comercial” de “Vantaxes” contida dentro da aplicación constitúe un servizo xestionado por Santander e Universia.
O acceso ás ofertas de Santander ou de Universia publicadas dentro de “Vantaxes” esixirá ao usuario que acepte a cesión dos seus datos a Santander e Universia. Pediráselle a primeira vez que acceda a unha delas.
Lémbraselle ao usuario a necesidade de ler a política de privacidade da “Área comercial”, para entender e poder aceptar con pleno coñecemento a cesión e o tratamento de datos persoais que comporta a utilización desta área.